tag:blogger.com,1999:blog-8823585.post-1151880470929878922006-07-03T00:00:00.000+02:002006-07-03T00:48:42.200+02:00ERRO NA RESEÑA RECOLLIDA EN LA VOZ DE GALICIAA reseña recollida por La Voz de Galicia referente ao pleno do pasado 29 de Xuño ten un erro ao indicar que o BNG se opuxo ás propostas de concesión do San Cosmeiro de Ouro realizadas por PP e PSOE. O BNG abstívose en ámbalas dúas propostas ao considerar que o procedemento de concesión non é democrático. De feito, no propio pleno aprobouse o regulamento polo que a partires de agora o San Cosmeiro de Ouro será outorgado por unha comisión creado ao efecto e formada por tódolos grupos políticos. Curiosamente o regulamento aprobouse despois de aprobarse a proposta do grupo de goberno de concesión do San Cosmeiro.<div class="blogger-post-footer"><img width='1' height='1' src='https://blogger.googleusercontent.com/tracker/8823585-115188047092987892?l=bng-outes.blogspot.com'/></div>BNG de OUTEShttp://www.blogger.com/profile/08242064138824715954noreply@blogger.com10