tag:blogger.com,1999:blog-8823585.post115749786185287367..comments2007-04-18T10:11:56.859+02:00Comments on BNG-OUTES: NOVA WEB DO BNG DE OUTESBNG de OUTEShttp://www.blogger.com/profile/08242064138824715954noreply@blogger.comBlogger2125tag:blogger.com,1999:blog-8823585.post-25646660228068882362007-04-18T10:11:00.000+02:002007-04-18T10:11:00.000+02:00Nas eleccións dos vindeiros anos van gañar importa...Nas eleccións dos vindeiros anos van gañar importancia o vídeo e a propaganda viral audiovisual, debido ao fabuloso impacto que a televisión participativa ten para o marketing político. Pero os cidadáns tamén falan e cada vez aportan máis munición propia en internet. A política xa se televisa na Rede e o audiovisual, co seu enorme poder, deixa de ser un monopolio dos titulares das licencias televisivas ou das grandes canles.

A propaganda da imaxe é máis rendible que a palabra, e en consecuencia o vídeo participativo tense convertido xa nunha forza política de primeira orde, grazas a youtube e a outros servidores abertos. Nos EE.UU. (varios exemplos), en España en 2004 (Hay Motivo) e en Galicia en 2005 (Hai que botalos). Propaganda política, debate político e denuncia, sempre mesturados co humor. Emoción e entretemento.

O mellor exemplo tivémolo no outono pasado na campaña electoral para as eleccións lexislativas norteamericanas. The People Choose 2006 converteuse nun dos instrumentos máis populares e efectivos da televisión política participativa até o momento: un sitio onde aloxar vídeos políticos para democratizar a televisión electoral, ordenados por circunscricións, partidos, parlamentarios e candidatos.

As novas tecnoloxías, o abaratamento dos custes de gravación, a difusión de programas de edición caseiros e, sobre todo, as posibilidades de distribución que ofrece internet, son factores que fan que hoxendía calquera colectivo poida ter a súa propia televisión. Isto é, de por si, bo para a sociedade democrática, xa que permite a actores até agora marxinados integrarse ao proceso audiovisual.

Colle o móbil, a cámara de fotos, a cámara de vídeo, fai unha montaxe de fotografías… E denuncia o que marcha mal no teu concello, no teu barrio. Denuncia a especulación urbanística, os vertidos, a destrución da costa, o nepotismo, a corrupción, ou simplemente o deficiente asfaltado dun camiño. Porque eles gobernan, pero ti mandas. Por iso, manda o teu vídeo, manda ti: zerovacas@gmail.com

MANDA-TIZerovacashttp://www.blogger.com/profile/08762958394157673073noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-8823585.post-1158005580281308182006-09-11T22:13:00.000+02:002006-09-11T22:13:00.000+02:00Boas; Recoméndovos a todos que visitedes o seguin...Boas; Recoméndovos a todos que visitedes o seguinte enlaço:

http://www.galizalivre.org/index.php?option=com_content&task=view&id=270&Itemid=2

no que se fai referência ao Viaduto de Outes.

Esta informaçom está sacada da página web nacionalista:

www.galizalivre.org

Asimesmo convídovos a que participedes na concentraçom que se indica na web, e onde estarám asociaçons e partidos políticos soberanistas, tal como o novo partido nacionalista NOS-UP (nacionalistas de esquerdas), que serán a alternativa à dereitizaçom e espanholizaçom actual do Bloque.

Um saudo!Independêncianoreply@blogger.com