domingo, julho 02, 2006

PLENO DO 28 DE XUÑO (ROGOS)



No pleno do pasado 28 de Xuño o BNG presentou os seguintes rogos:

ROGO 1: Pista deportiva de Ribas de Mar:
A pista deportiva localizada en Ribas de Mar presenta un lamentábel estado de abandono que constitúe ademáis un potencial perigo para os seus usuarios. Entre os problemas que amosa están os seguintes:
- As porterías non están fixadas ao chan, e non teñen redes.
- A xunta de dilatación é excesicamente ancha.
- Non evacúa convenientemente a auga da choiva.
Rógase que, no prazo de tempo máis curto posíbel, se procede ao adecentamento destas instalacións.

ROGO 2: Contedores soterrados na Ribeira do Freixo
Nestes momentos estanse a executar as obras de mellora das instalacións portuarias e da fachada marítima da Ribeira do Freixo. Polo que puido coñecer o G.M. do BNG de Outes entre as actuacións prevese a colocación dunha área para contedores de residuos.
Rógase que, no lugar dos tradicionais contedores ao ar libre, se instalen contedores soterrados pois consitúen unha mellor solución de cara a incrementar a calidade de vida de cidadáns e usuarios.

ROGO 3. Reparación dos viais do lugar de Siavo (Freixo) (FOTO)
Debido ás obras de saneamento o estado de varios viais da zona de Siavo é lamentábel, situación que levan sufrindo os veciños dende fai varios meses.
Rógase que, no prazo de tempo máis curto posíbel, se proceda ao adecentamento deses viais.

ROGO 4. Retirada vehículo na Capela de San Paio (San Lourezo):
Na parroquia de San Lourenzo, á beira da Capela de San Paio, atópase dende fai varios meses un coche abandonado.
Rógase que se inician os trámites necesarios, por parte do concello, para que dito coche sexa retirado do lugar onde se atopa.

ROGO 5. Adecentamento área antiga escola unitaria de Tarás:
A antiga escola de Tarás conta cunha pequena pista de deportes anexa que agora mesmo está inservíbel e que, dada a súa situación, podería adecentarse como mirador e como área de recreo realizando un pequeno investimento. Do mesmo xeito, cumpriría adecentar as propias instalación da escola que, como podemos comprobar nos distintos procesos eleitorais, amosan un estado de abandono.

3 Comments:

Anonymous Anônimo said...

Moitas grazas por interesarvos pola situación da pista de Ribademar e por facerlle o rogo correspondente no pleno. A día de hoxe segue igual, pero era o esperable xa que esta equipa de goberno interesanlle mais outras cousas. Teño que decir que un neno meteu o outro día o pe nun dos furados, facendose unha ferida, que non foi a mais por estar presentes os seus pais. Supoño que se expoñen a unha denuncia por non manter a pista en condicións axeitadas. Grazas de novo, xa que estou vendo que sodes un partido serio e vos interesades polas inquedanzas dos veciños de Outes.

quinta-feira, julho 06, 2006 12:28:00 PM  
Anonymous Anônimo said...

Un veciño de Ceilán (Elixio Vieites) instou o concello de outes, por rexistro, que axilizara os trámites para a limpeza do entorno do Hospital do Cengas (ese estrano hospital). Ata o de agora as silvas e toxos rodeano de maneira perigosa; ademais este entorno quiso ser incendiado dúas veces en anos anteriores. Paréceme que é obrigatorio esa limpeza por parte de quen lle corresponda, pois é un perigo manifesto.Podías-lle facer chegar esa proposta, aínda que o tema de este hospital daría para unha novela de intriga e suspense.

sábado, julho 22, 2006 1:31:00 PM  
Blogger BNG de OUTES said...

Estimad@ amig@,

Antes de nada grazas polos parabéns; ogallá puideramos facer moito máis do que facemos. Sobre o do "hospital" do Cengas, dicirche que pasamos por alí e efectivamente o estado é dun abandono considerábel.

En calquera caso, antes de presentar calquera iniciativa, gustaríanos ter a oportunidade de falar contigo.

Como podes comprobar, puxemos a vosa disposición unha conta de e-mail. Se podes enviarnos un correo a esa conta xa nos poriamos en contacto contigo.

Un saúdo.

domingo, julho 23, 2006 5:40:00 PM  

Postar um comentário

<< Home