sexta-feira, julho 21, 2006

OFICINA DE ATENCIÓN AOS AFECTADOS POLA CONSTRUCCIÓN DA VARIANTE

O BNG de Outes pedirá ao concello que abra unha oficina temporal para informar e
asesorar aos viciños de Outes afectados pola construcción da denominada
"Variante de Outes", que atravesa, entre outros, os lugares de Ribas de Mar,
Rates, Lagoa e Bendimón.

Esta é a moción presentada polo BNG o pasado 17 de Xullo.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

Nestes momentos a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, no marco do proxecto de construcción dunha variante na C-550 ao seu paso por Outes atópase redactando o proxecto definitivo que deberá sair a exposición pública en próximas datas. Este proxecto conleva a ocupación de numerosas propiedades nos lugares de Ribas de Mar, Rates, Lagoa, Bendimón e outros lugares do municipio. Este feito fai necesario que os cidadáns afectados polas ocupacións conten coa máxima información posíbel e o asesoramento pertinente, de cara a que a afectación e os danos ocasionados nas súas propiedades sexan os menores posíbeis.

Por esa razón o Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego de Outes proponlle ó Pleno da Corporación Municipal a adopción do seguinte:


ACORDO:

Que o Concello de Outes cree unha oficina temporal, cos medios técnicos e humanos necesarios, de cara a atender as necesidades de información e asesoramento dos cidadáns afectados pola afectación dos terreos.

En Outes a 17 de Xullo de 2006

5 Comments:

Anonymous Anônimo said...

Creo que sexa cal sexa o proxecto, sempre que pase por donde está proxectado non beneficia a ninguén. Porque no me digades que un adianto de 4-5 minutos é suficiente disculpa para estragar esta zona de tanto valor ecolóxico e paisaxístico incluída na Rede Natura (Igual que Touriñán).
Xa sabemos que os Conselleiros do BNG no Consello da Xunta, votaron a favor deste proxecto. ¿Non sei como se pode explicar isto?. Isto queridos amigos non é coherente.
O BNG de Outes non pode escudarse que necesita os estudos de Costas para pronunciarse. Creo que debedes opoñervos frontalmente ó proxecto xa que é totalmente desfavorable para a paisaxe e o mesmo tempo é un parche en materia de infraestructuras, pois seguramnete dentro duns anos haberá que facer outro vial que comunique a zona de Muros ca Autovía de Santiago.
Creo que os votantes do BNG de Outes non van a perdoar a vosa postura frente a este problema.
É unha pena que non haxa un partido político que realmente se opoña á construcción do viaducto.
Supoño que este viaducto é polo menos tan detestable como o que se iba a facer en Eiroa, pero nese caso tanto o BNG como o PSOE apoiaron á oposición veciñal.
Creo qu non estades facendo o que deberiades. Ainda estades a tempo de rectificar.

sábado, julho 22, 2006 8:47:00 PM  
Anonymous Descontento said...

A resposta é doada:

O BNG já nom é um partido defensor dos intereses de Galiza, senom umha mera pantonima tentando captar o máximo de votos possibeis.

Onde quedarom esses anos nos que a UPG reclamava para a Galiza a "independência e o socialismo"!!

Posicionárom-se contra o Viaduto de Noia porque daquela era Fraga o que gobernava... agora que gobernam eles com os socialistas de Madrid, a cousa muda; que raro!!

Já todos sabemos que o poder corrompe!!

Nom deberiam andar os senhores do Bloque com ambigüidades respeito a temas como os viadutos, parques eólicos, hidroeléctricas, etc...

Direi da minha parte que eu fum militante já fai anos de Galiza Nova. Hoje por hoje procuro alternativas além do BNG a quem darlhe o meu voto e a minha confiança. Procuro opçons plenamente soberanistas para com a minha naçom e que defendam os intereses do proletariado.

Um saudo a todos

"Nunca virá de fora remedio ou esperança" (C.E. Ferreiro)

sábado, julho 29, 2006 10:46:00 AM  
Anonymous Tarás said...

Non hai estudo de costas que xustifique esta barbaridade.

Non ao viaducto!
BNG: traidores á pátria galega!!

sábado, julho 29, 2006 10:49:00 AM  
Anonymous YO said...

Que fagan dunha vez o viaducto.Con el ou sen el a Serra vai a menos. Tampouco podemos pensar que un pobo viva dunha estrada.Un pobo tén que ofertar cousas para que veñan a el.E tampouco podemos esperar a que "papá concello" nos dea todo feito, temos que movernos nós, camiñarmos pola nosa conta.

sábado, agosto 05, 2006 12:13:00 AM  
Anonymous Anônimo said...

O pasado xoves, 3 de Agosto, o BNG de Outes foi complice dunha "comisión" realizada e manipulada polo alcalde, o Sr. Crespo. Pregúntome como poidestedes acudir a unha reunión ca Consellería de Política Territorial, para falar da variante de Outes sen levar 1 representante dos veciños que fora elixido democráticamente. Está claro que estades a favor da variante, pois nesa reunión nen sequera se trataou a posibilidade de non face-la.
Neste momento perdestedes toda a miña credibilidade, xa que parecedes, ó igual que o PSOE, partidos coaligados co PP de Outes. Non só iso, senón que tamén vos deixades levar polo engano e a manipulación do Sr. Crespo.
Dende logo, como votante dese partido, neste momento vos digo que non vos volverei a votar, porque no me representades nin creo que representedes a ningún dos votantes que fíxemos que teñades representación municipal. Penso que vos estades vendendo, ou simplemente que estades a seguir o xogo do PP (nada democrático por certo). É posible que nas próximas eleccións municipais non obteñades ningún representante (dende logo é o que vos merecedes por coaligarvos co PP). Espero resposta e explicación da vosa actuación frente a este tema.
¡Mira que estades perdendo unha gra oportunidade de facer oposición!.

domingo, agosto 06, 2006 9:08:00 AM  

<< Home