segunda-feira, julho 03, 2006

ERRO NA RESEÑA RECOLLIDA EN LA VOZ DE GALICIA

A reseña recollida por La Voz de Galicia referente ao pleno do pasado 29 de Xuño ten un erro ao indicar que o BNG se opuxo ás propostas de concesión do San Cosmeiro de Ouro realizadas por PP e PSOE. O BNG abstívose en ámbalas dúas propostas ao considerar que o procedemento de concesión non é democrático. De feito, no propio pleno aprobouse o regulamento polo que a partires de agora o San Cosmeiro de Ouro será outorgado por unha comisión creado ao efecto e formada por tódolos grupos políticos. Curiosamente o regulamento aprobouse despois de aprobarse a proposta do grupo de goberno de concesión do San Cosmeiro.

10 Comments:

Anonymous Taras said...

Que e o que non e democratico?. Duas formacions presentan candidatos a un premio, votase y sae gañadora a que mais votos recibe. Que e o que non e democratico?

terça-feira, julho 04, 2006 9:48:00 AM  
Blogger BNG de OUTES said...

Estimado Tarás,

Cando nos referimos a que non é democrático é porque un galardón, que se da en nome de todos os cidadáns de Outes, como é o San Cosmeiro de Ouro, debería decidirse nunha comisión onde participaran non só todos os grupos políticos que representan aos cidadáns do concello, senón tamén os representantes da sociedade civil.

Lémbroche que en 5 ocasións o PP aproveitou ese proceder para propoñer e outorgarllo a políticos en activo do PP:
- Manuel Fraga
- Romay Beccaria
- José Cuíña
- Torres Colomer
- Carlos Negreira

E para mostra que o correcto sería que se creara unha comisión é que, como dicimos aí arriba, no mesmo pleno se aprobou un regulamento para a concesión deste tipo de galardóns. É dicir, antes non existía regulamento algún e os grupos da oposición por non saber nin sabíamos cando había que propoñer candidatos.

A democracia non só consiste en gañar votacións, é tamén un exercicio de transparencia e participación social continua.

Un saúdo.

terça-feira, julho 04, 2006 4:15:00 PM  
Anonymous Anônimo said...

hola non savia de esta paxina asta que afiseron publica na asosiaciondos vesiños do freixo.
saludos o freixo

quarta-feira, julho 05, 2006 2:03:00 AM  
Anonymous Anônimo said...

como podemos votar a favor do Colexio do Cruceiro e non facelo a favor das asociacions porque o proceso non e democrático?. Voto de menos a Quintela no Concello.

quarta-feira, julho 05, 2006 10:38:00 AM  
Anonymous Anônimo said...

Asi que os nosos concelleiros danse unha volta polo Concello e meten no peto 60 ou 90 €. O que tiñades que facer todos e traballar horas e horas de balde como fan os das asociacions e os voluntarios. Logo cando o Alcalde ten unha boa idea (xa que esta vez non o leva un dos seus amigos PePeros), e dallo a unha xente que o merece vamos nos e nos abstemos decindo eso de " o proceso non e democratico". ¡¡¡¡ Que forte compañeiros!!!!!!!Confeso que levo uns meses desconcertada coa posicion do BNG en certos asuntos

quarta-feira, julho 05, 2006 6:18:00 PM  
Anonymous Anônimo said...

Era este o mellor ano para dar O SANCOSMEIRO ás asociacións porque por diante está maio (mes de eleccións,por certo e iso "vende moito") .ParaBARREIROS (que ben merecido o tén)sacarán un as da manga,como MEDALLA de OURO ou FILLO PREDILECTO.Non ía o alcalde facerlle ese "feo" despois que xa llo teñen recoñecido en Muros,por exemplo.Para min a BARREIROS´.

terça-feira, julho 18, 2006 2:26:00 AM  
Anonymous Eu mesma said...

"Anónimo" vota por BARREIROS,eu tamén, porque,sexa democrático ou non,ó alcalde véselle o plumero de andar na percura de votos.
Espabilade,facede unha oposición con xeito.

terça-feira, julho 18, 2006 2:36:00 AM  
Anonymous Anônimo said...

Soa normal decir que o Alcalde anda de percura de votos,que debe andar necesitado.Sempre e comprensible votarlle a culpa os demais das nosas escasezas. Pero engañamonos, El non ten falta de votos ( tivo o 66,72%). Os que temos falta de votos somos nos. El ten tantos, tantisimos, votos grazas a unha oposicion sen ideas, sempre a rebufo de Crespo, criticando o que fai, pero non aportando nada mais. Coido que hora de cambiar, de traballar, de comunicar coa xente. O demais, Barreiros si ou Barreiros non so son ganas de marear ao persoal. De Barreriros so sei( o que sabemos todos) que traballa e que cobra por iso. Nin adica horas de balde a xente nin e compositor con pezas que promocionen Outes. Se hai que darlle a todolos que traballan e cobran collamos o padron e este ano que veñan a recoller o premio os letra A.

Saude e ben para todos

quinta-feira, julho 20, 2006 3:21:00 PM  
Anonymous YO said...

É verdade,todos a traballar,especialmente os concelleiros que para iso cobran. A oposición debe poñerse as pilas e facerse ver, porque non sabemos quen son ata que aparecen as listas un mes antes das eleccións. Barreiros é unha persoa moi traballadora. No noso Concello hai outras persoas que tamén fan cousas sen cobrar por elo.

sábado, julho 22, 2006 9:28:00 PM  
Anonymous OUTES CITY said...

Contestación a YO: é verdade que os concelleiros cobran por traballar. A oposición xa tén as pilas postas pero non mercaron DURACEL e non lle chegan, porque o Alcalde é moito máis listo ca todos eles. Ademáis teñen poucas "luces" e pouca preparación.
Non só hai que falar, hai que pasar ás "obras".

sábado, julho 22, 2006 9:38:00 PM  

Postar um comentário

<< Home