sexta-feira, maio 12, 2006

Reunión co Director Xeral de Montes

O representante da Asociación de Veciños de San Ourente de Entíns, Xoán Domingo Caamaño e o voceiro do Grupo Municipal do BNG de Outes, Manuel González, mantiveron hoxe unha reunión co Director Xeral de Montes da Xunta de Galicia, Alberte Souto, na que se tratou a situación na que se atopa o proceso de calificación como monte en man común, do monte de “Gende” sito na parroquia de San Ourente no concello de Outes.

A calificación como monte en man común, que xa fora concedida polo xurado provincial de montes no ano 2002, foi anulada polo anterior governo (Consellería de Medio Ambiente) a un mes das eleicións (maio de 2005) atendendo a un recurso presentado por José Manual Mayán, deputado autonómico do Partido Popular na anterior lexislatura e orixinario de San Ourente de Entíns. Posteriormente a asociación de viciños presentou alegacións á decisión tomada pola consellería que están pendentes de contestación.

O director xeral comprometeuse a revisar o expediente e a dar contestación o máis axiña posíbel as alegación presentadas pola asociación de viciños.

Por outra banda, tamén se abordou a posibilidade de reforestar unha importante área doutro monte, neste caso de propiedade particular dos viciños de San Ourente de Entíns e que se achegaría as 160 Has de terreo. O director xeral comprometeuse neste caso a estudiar as posíbeis vías de financiamento do proxecto de reforestación. Tamén se estudiaría a posibilidade de reparcelar dito monte de cara a conseguir unha explotación óptima do mesmo.

5 Comments:

Anonymous Anônimo said...

Moito monte, ¿e que pasa coa ponte de Ribademar?. Hipócritas

terça-feira, maio 16, 2006 7:48:00 PM  
Anonymous Anônimo said...

Non veñanes vendendo farois. Se queredes presumir de estar no goberno por qué non fixestes nada co da ponte? A vosa credibilidade agora é=0

segunda-feira, maio 29, 2006 7:32:00 PM  
Anonymous Anônimo said...

O COMENTARIO SEGUINTE NON TEN NADA QUE VE VER CO TEMA ANTERIOR, PERO USO ESTE MEDIO DE COMUNICACION PARA PODER CONTACTAR CA XENTE DO BNG DE OUTES.
GUSTARÍAME QUE ALGÉN DO GRUPO MUNICIPAL DO BNG SE ACHEGASE Á PISTA POLIDEPORTIVA DE RIBADEMAR PARA VER O SEU ESTADO E ASÍ SOLICITARLLE, NUN PLENO,Ó ALCALDE QUE TOME AS MEDIDAS OPORTUNAS PARA O SEU ARRANXO.
A CONTINUACIÓN RELÁTOVOS AS DEFICIENCIAS E PERIGOS QUE NELA SE ATOPAN:
1. ESTÁ RODEADA DE SILVAS E TOXOS QUE MESMO ENTRAN A TRAVES DO ARAME DENTRO DO RECINTO.
2. O ARAME DE PROTECCIÓN ESTÁ TOTALMENTE DESCOLOCADO.
3. A PORTA DE ENTRADA ESTÁ ARRANCADA E COLGADA CON CORDEIS, O QUE SUPÓN UN PERIGO PARA OS USUARIOS
4. A CHAMADA XUNTA DE DILATACIÓN É TAN ANCHA,ADEMAIS POR UN DEFECTO NA CONSTRUCCIÓN VAI AUMENTANDO DE TAMAÑO, QUE PERMITE A ENTRADA DUN PE DUN NENO DENTRO DELA.
5. AS PORTERÍAS ESTÁN SEN REDE E ADEMAIS NON ESTÁN SUXEITAS Ó CHAN POLO QUE REPRESENTA UN PERIGO IMPORTANTE CANDO OS RAPACES AS MOVEN (DE FEITO HAI BEN POUCO MORREU UN NENO NUN LUGAR DE ESPAÑA POR ESTE MOTIVO)
6. HAI CANTIDADE DE LIXO DENTRO DO RECINTO
7. CANDO CHOVE, CONVERTESE NUNHA PISTA DE PATINAXE POIS NON EVACUA A AUGA
8. COLOCARONSE, HAI UNS MESES, UNS FERROS EMPOTRADOS NO CHAN, QUE SUPOÑO QUE SON PARA COLOCAR ALGÚN TIPO DE ELEMENTO DEPORTIVO. O CERTO É QUE QUE PARA O ÚNICO QUE SERVEN É PARA ENCHERSE DE AUGA.

TODO O QUE AQUÍ EXPUSEN É BASTANTE EVIDENTE, POLO QUE VOS PREGO QUE VOS ACHEGUEDES POR ALÍ PARA VE-LO DE PRIMEIRA MAN E POÑE-LO EN COÑECEMENTO DO GRUPO DE GOBERNO MUNICIPAL.

sábado, junho 17, 2006 6:23:00 PM  
Anonymous Anônimo said...

VER COMENTARIO ANTERIOR

sábado, junho 17, 2006 6:33:00 PM  
Blogger BNG de OUTES said...

Agradecemos o comentario. Pasaremos por alí e no vindeiro pleno (29 de Xuño) trataremos o asunto.

Un saúdo.

domingo, junho 18, 2006 4:26:00 PM  

Postar um comentário

<< Home