sexta-feira, maio 12, 2006

Reunión co Director Xeral de Montes

O representante da Asociación de Veciños de San Ourente de Entíns, Xoán Domingo Caamaño e o voceiro do Grupo Municipal do BNG de Outes, Manuel González, mantiveron hoxe unha reunión co Director Xeral de Montes da Xunta de Galicia, Alberte Souto, na que se tratou a situación na que se atopa o proceso de calificación como monte en man común, do monte de “Gende” sito na parroquia de San Ourente no concello de Outes.

A calificación como monte en man común, que xa fora concedida polo xurado provincial de montes no ano 2002, foi anulada polo anterior governo (Consellería de Medio Ambiente) a un mes das eleicións (maio de 2005) atendendo a un recurso presentado por José Manual Mayán, deputado autonómico do Partido Popular na anterior lexislatura e orixinario de San Ourente de Entíns. Posteriormente a asociación de viciños presentou alegacións á decisión tomada pola consellería que están pendentes de contestación.

O director xeral comprometeuse a revisar o expediente e a dar contestación o máis axiña posíbel as alegación presentadas pola asociación de viciños.

Por outra banda, tamén se abordou a posibilidade de reforestar unha importante área doutro monte, neste caso de propiedade particular dos viciños de San Ourente de Entíns e que se achegaría as 160 Has de terreo. O director xeral comprometeuse neste caso a estudiar as posíbeis vías de financiamento do proxecto de reforestación. Tamén se estudiaría a posibilidade de reparcelar dito monte de cara a conseguir unha explotación óptima do mesmo.