sexta-feira, fevereiro 24, 2006

PLENO ORDINARIO DE FEBREIRO

No pleno ordinario celebrado o pasado 23 de Febreiro abordáronse, entre outros temas, os seguintes:
- Aprobación dunha modificación nas condicións de pago dun dos préstamos que o concello ten vixentes. A alcaldía decidíu negociar unha moratoria de dous anos na amortización dos préstamos dos que é titular o que lles permitirá, segundo o expresado polo alcalde, atender gastro extraordinarios. O BNG expresou as súas dúbidas a cerca do carácter extraordinario deses gastos (entre eles "material para a escola obradoiro") e sinalou a coincidencia desa moratoria co período preeleitoral no que nos atopamos.
- O BNG solicitou o seguinte:
a) Que se inste aos responsábeis do centro médico a habilitar máis alternativas horarias para a recollida de receitas por parte dos usuarios.
b) Que se adecenten os camiños que van as praias de Cuterín e de Arnela, no Freixo.
c) Que se repoñan as arbores plantadas no paseo marítimo do Freixo.

Do mesmo xeito o BNG apoiou as seguintes propostas prantexadas no pleno polo PSdG-PSOE:
a) A devolución das competencias que o pleno, a iniciativa do grupo popular, delegou no alcalde.
b) A eliminación de vertedoiros incontrolados, a solución dos problemas do punto limpo e a posta en marcha dunha campaña de concienciación medioambiental, por parte do concello.

Finalmente, co gallo do 25 aniversario do Golpe de Esado do 23-F, o BNG dou pé á aprobación dunha moción de urxencia onde se condenaba o golpe e onde se sinala o compromiso democrático das tres forzas políticas. Ningunha instancia, nin civil, nin militar nin relixiosa pode suplantar a vontade do pobo.

1 Comments:

Anonymous groom said...

Paréceme moi ben a vosa proposta de ampliar a recollida de receitas no centro médico, porque non todos temos disponibilidade para recollelas só de 10 a 11 como hai que facer agora.

Ben polo de apoiar a eliminación de vertedoiros incontrolados. Está contratada polo programa Labora unha técnico medioambiental que, a pobre, está na casa de cultura sen que ninguén lle preste atención, aburríndose, cando podía estar desempeñando labores tales como a de identificación de vertedoiros incontrolados, en lugar de estar sen facer nada, cando podería facer un traballo que lle proporcionaría a experiencia que proclamaba o programa Labora. Ollo, que estou dicindo que a culpa de que ela estea así é do Concello, que non lle dá unha ocupación, non da rapaza. O mesmo caso é o dunha licenciada en química, que supostamente foi contratada para realizar análises de augas na depuradora e o único que fai é estar de asistente dos administrativos nas oficinas xerais. É unha pena que se desperdicie o talento desta xente (estáselles a pagar un soldo) e que ó mesmo tempo esta xente está perdendo a oportunidade de adquirir experiencia para futuros traballos. O de sempre, desperdiciar recursos, claro, como o Labora era unha subvención...

quinta-feira, abril 13, 2006 5:57:00 PM  

Postar um comentário

<< Home