sexta-feira, fevereiro 24, 2006

PLENO ORDINARIO DE FEBREIRO

No pleno ordinario celebrado o pasado 23 de Febreiro abordáronse, entre outros temas, os seguintes:
- Aprobación dunha modificación nas condicións de pago dun dos préstamos que o concello ten vixentes. A alcaldía decidíu negociar unha moratoria de dous anos na amortización dos préstamos dos que é titular o que lles permitirá, segundo o expresado polo alcalde, atender gastro extraordinarios. O BNG expresou as súas dúbidas a cerca do carácter extraordinario deses gastos (entre eles "material para a escola obradoiro") e sinalou a coincidencia desa moratoria co período preeleitoral no que nos atopamos.
- O BNG solicitou o seguinte:
a) Que se inste aos responsábeis do centro médico a habilitar máis alternativas horarias para a recollida de receitas por parte dos usuarios.
b) Que se adecenten os camiños que van as praias de Cuterín e de Arnela, no Freixo.
c) Que se repoñan as arbores plantadas no paseo marítimo do Freixo.

Do mesmo xeito o BNG apoiou as seguintes propostas prantexadas no pleno polo PSdG-PSOE:
a) A devolución das competencias que o pleno, a iniciativa do grupo popular, delegou no alcalde.
b) A eliminación de vertedoiros incontrolados, a solución dos problemas do punto limpo e a posta en marcha dunha campaña de concienciación medioambiental, por parte do concello.

Finalmente, co gallo do 25 aniversario do Golpe de Esado do 23-F, o BNG dou pé á aprobación dunha moción de urxencia onde se condenaba o golpe e onde se sinala o compromiso democrático das tres forzas políticas. Ningunha instancia, nin civil, nin militar nin relixiosa pode suplantar a vontade do pobo.