sexta-feira, outubro 28, 2005

PLENO DO 27 DE OUTUBRO DE 2005

O pleno ordinario do pasado 27 de Outubro foi outro exemplo do que non debe ser o debate democrático nos tempos que vivimos. A actitude brusca e maleducada do alcalde e a incapacidade amosada para reconducir os termos do debate impedíu un desenvolvemento razonábel do pleno.

Aínda así o BNG prantexou, non sen numerosos problemas, as seguintes iniciativas:

ROGOS:
- Coidar minuciasamente as actividades constructivas na zona da ribeira do Freixo. O que en principio ía ser unha moción para a elaboración dun plano específico de coidado urbanístico da fachada marítima do Freixo foi finalmente prantexado como o un rogo posto que semella ter habido avances no PXOM. Espérase poder incluír unha normativa detallada para esta zona do concello con forte potencial urbanístico que convén coidar dacordo con criterios de sustentabilidade e estética apropiados.
- Rogo para que, canto menos nos meses de vran, se habilite un espazo de estudio na “casa da cultura” e que conte cuns horarios de apertura de canto menos 8 horas diarias.
- Rogo para que se fixen espellos nos seguintes cruces (Cruce da rúa Agro das Mozas coa Estrada Xeral, Cruce da “parada de Taxis” coa Estrada Xeral, Cruce do vial cercano ás instalacións de “Talleres Martelo” coa Estrada que vai da Serra a San Ourente).
- Rogo para a progresiva eliminación das barreiras arquitectónicas canto menos na zona urbana.

PREGUNTAS:
- Diversos días do mes de agosto e setembro de 2005 producironse cortes de auga no núcleo da Serra de Outes. Por que se produciron e que pensa facer o Concello para procurar que non se repitan no futuro? O alcalde contestou que se deberan a averías e só unha vez por razóns de reparacións. Decoñecemos se foron avisados con tempo os usuarios por este último corte que en teoría debería estar previsto.

- No pleno do pasado mes de xuño o grupo municipal do BNG prantexou unha pregunta en relación as razóns polas que os traballadores do Concello non estaban sometidos a ningún convenio colectivo. Dado que aínda non recibimos resposta algunha vémonos na obriga de prantexar de novo esta cuestión: Por que non existe no Concello de Outes un Acordo Regulador e un Convenio Colectivo que ordene as condicións laborais dos traballadores do concello?
O alcalde contestou que non existe convenio nin acordo porque non o solicitaron os traballadores. O BNG ten información que apunta o contrario. Os propios representantes dos traballadores informaron ao noso grupo municipal que solicitaron iniciar conversas e mesmo mantiveron reunións co propio alcalde para abordar o tema (que a día de hoxe está paralizado). O alcalde obviou estes "pequenos" detalles na resposta ofrecida no pleno.