sábado, setembro 17, 2005

O ALCALDE VOLVE A CONCEDERLLE O GALARDÓN "SANCOSMEIRO DE OURO" A UN POLÍTICO DO PP

Neste caso o galardón outorgaráselle a Carlos Negreira, antigo director de Portos de Galicia e parlamentario autonómico do PP, pois grazas a súa "sensibilidade" vanse mellorar as instalacións portuarias do Freixo.

Dende o BNG opuxémonos a esta proposta argumentando que nin as formas de determinar a concesión son as correctas (entendemos que un galardón que se outorga no nome dos cidadáns de Outes debe ser decidido polos mesmos cidadáns e non polo sr. alcalde e por tanto debe crearse unha comisión aberta para tomar a decisión) e, en segundo lugar, porque non é de recibo premiar a un político en activo por realizar a súa labor.

Faise plausíbel ademáis que o Sr. Crespo utiliza este galardón para interese político persoal e segundo a situación dentro do Partido Popular o requira. Entendemos que despois de ser "defenestrado" polo sector do birrete queira agora tender pontes co mesmo outorgándolle o sancosmeiro de ouro, ao igual que fixo no seu momento cando llo concellederon a José Cuíña.

Das cinco edicións anteriores o galardón recaeu en: Manuel Fraga, José Cuíña, Torres Colomer, Romay Becaría e no Colexio Emilio Navasqües sendo esta a única vez na que o BNG apoiou a proposta do grupo de governo.

No BNG de Outes lamentamos que segan a promoverse actitudes e comportamentos feudais e caciquiles por parte do PP e do seu alcalde, Carlos Crespo.