segunda-feira, fevereiro 28, 2005

O PP VOTOU EN CONTRA DE TODO

O pleno do pasado 24 de Febreiro resultou ser unha mostra máis da intolerancia do Partido Popular e do alcalde Carlos Crespo. Así as catro mocións presentadas polo BNG foron rexeitadas pola maioría dos votos dos conservadores sen sequera considerar as ofertas de diálogo e consenso lanzadas polos concelleiros do BNG.

- EN CONTRA DE DESTINAR A ASIGNACIÓN ECONÓMICA QUE RECIBEN OS GRUPOS POLÍTICOS ÁS VICTIMAS DO TSUNAMI NO SULESTE ASIÁTICO.

- EN CONTRA DE AUMENTAR A 40 HORAS SEMANAIS O TEMPO MÁXIMO QUE SE PODERÁN UTILIZAR OS SERVIZOS DO "PUNTO DE ATENCIÓN Á INFANCIA".

- EN CONTRA DE APOIAR QUE SE INICIE UN PROCESO DE DISCUSIÓN E DEBATE PARA A REFORMA DO ESTATUTO DE AUTONOMÍA GALEGO

- EN CONTRA DE QUE O CONCELLO SE COMPROMETA A DIGNIFICAR O ROL SOCIAL DA MULLER.